domingo, 3 de enero de 2010

A CASA DO PENEDO (Norte de Portugal)


A Casa do Penedo. Fafes (Portugal) 3/1/ 2010

En plena Serra de Fafe, entre a cidade do mesmo nome e Celorico de Basto, situada na rexión norte de Portugal, atópase unha misteriosa casa de pedra. Construída entre catro rochas xigantes, a Casa do Penedo comezouse a construír na Primavera de 1972, e foi rematada dous anos máis tarde. Durante un tempo foi utilizada como residencia de vacacións pola familia Rodrigues.
Os últimos meses, fíxose común que os habitantes da rexión vexan desfilar a turistas que buscan a Casa de Pedra. O propietario, Vítor Rodrigues, xa non habita a casa que todos os domingos é visitada por decenas de persoas. A pesar do interese que espertou a nivel arquitectónico por todo o mundo, sufriu actos de vandalismo que poñen en perigo a súa conservación. Podedes ver a casa nesta película de cinema portuguesa gravada no lugar:
A Lúa - de Sérgio Castro

Levaba moito tempo buscando como resolver gráficamente unha casa feita con pedras, que resultase misteriosa. Un día procurando información para unha viaxe a Portugal atopeime coa historia desta Casa de Pedra, inmediatamente decidín que a casa que utilizaría na miña BD sería esta e que viaxaría a Portugal para facerme coa máxima documentación posible. Parecíame moi interesante poder introducir unha casa que existise na realidade no meu libro. Este foi o programa de tv que me descubriu esta estrana construción: Pica AQUÍ. Kiko da Silva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario