domingo, 10 de enero de 2010

ESFERAS DE PEDRA (Costa Rica)


Esferas de Pedra (Costa Rica) 10/01/2010
Na década do corenta, ao iniciar o labor bananeira no delta do Diquis, na Zona Sur de Costa Rica, a United Fruit Company sacou á luz, produto dos seus traballos de limpeza do bosque, unhas fabulosas esferas de pedra de diversos tamaños e pesos, cuxa forma resultaba impresionantemente exacta. Son de tamaño variable. As máis pequenas teñen só uns poucos centímetros de diámetro e as esferas máis grandes chegan a ter un diámetro superior aos dous metros, chegando a pesar estas últimas até 16 toneladas.

As antigas lendas dicían que no seu interior escondíanse pedras preciosas e ouro, sendo isto o final de moitas das esferas debido a que moita xente se dedicou a buscalas e destruílas, non achando ningún tesouro no seu interior.
No meu arquivo persoal conto con infinidade de imaxes destas estrañas esferas de pedra. As de Costa Rica foron as primeiras que atopei, pero aos poucos fun facéndome con imaxes de pedras esféricas similares en diversos lugares de mundo, tanto no vello como no novo continente. Entre algunhas das lendas que rodean a estas pedras atopei a clave inicial para elaborar a historia dun dos capítulos da miña novela gráfica. Kiko Da Silva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario