domingo, 27 de diciembre de 2009

PEDRAS QUE CRECEN (RUMANÍA)


Costeti, a 8 kilómetros de Horezu (Rumanía) 27/12/2009.

En Rumanía hai un gran número de pedras coñecidas polos aldeáns como Trovants ou "pedras que crecen", porque iso é exactamente o que fan. Permanecen impasibles ao paso do tempo... ata que chove. Cando isto sucede, antes de que as últimas pingas de auga caian sobre estas estrañas pedras, aparecen protuberancias sobre a súa superficie, que crecen a primeira ollada, dándolles un aspecto de seres vivos.
Os científicos afirman que o feito de que as pedras cobren vida... débese a un curioso fenómeno provocado pola propia composición destas pedras, pero afirman que os compoñentes da materia dos Trovants son idénticos aos dunha pedra calquera.

Estas imaxes levan gardadas no meu arquivo varios anos, non sabía si algún día utilizaríaas, pero parecéronme moi evocadoras para introducilas nunha historia. Non facía máis que preguntarme: Como sería unha construción realizada cunhas pedras deste tipo?. Nese momento cataloguei estas imaxes co adxectivo das "únicas pedras que crecen no mundo", pronto me dei conta de que non estaba no certo... Kiko da Silva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario