domingo, 20 de diciembre de 2009

O MURO (MACEDONIA)


Bogoslovec (Macedonia) 20/12/2009.
Ao sur de Skopje, a capital de Macedonia álzase un xigantesco muro de pedra de máis de cinco quilómetros de lonxitude, unha altura de 12 metros e 2 metros de ancho. É denominado popularmente a "Muralla do Diaño" e eríxese nunha zona totalmente desértica e montañosa xunto ao río Bregalnica. A impoñente muralla a primeira vista parece unha construción artificial, obra do home, que impresiona coa súa marmórea presenza e pola magnitude das rochas que a compoñen.

Aínda que a primeira vista parece unha construción artificial, formada con enormes pedras, os xeólogos aseguran que a muralla é o resultado da erosión milenaria do chan. O profesor da Facultade de Xeoloxía de Skopje, Nikola Dumurxhanov explica que, como a maior parte da rexión dos Balcáns, este territorio de Macedonia estaba mergullado baixo o mar fai entre 35 e 40 millóns de anos. O único acceso á estraña construción é un camiño rural, de terra, polo que apenas se pode pasar con vehículos todoterreo até certo punto. Dende alí, unha dura camiñada dunha hora conduce ao máxico lugar."O camiño tamén é diabólico, como a muralla. No verán, o sol queima como nun forno. Hai serpes, e tamén a auga é un problema, porque coa calor sécanse os mananciais", explica Dragi Jovanov, guía montañeiro da zona.
Os campesiños da aldea máis próxima a Bogoslovec aseguran que é frecuente divisar fenómemos estranos e que a miúdo observanse estranos aparellos que sobrevoan a muralla.
Un estraño muro, é o punto de partida da Novela Gráfica na que estou a traballar. Se atopaches este texto mereces saber que este é un blog atípico no que se refire ao mundo da Banda Deseñada, xa que non mostrará debuxos nin viñetas, se non algo que persoalmente paréceme máis interesante: a documentación utilizada para a realización do guión. Kiko da Silva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario