sábado, 17 de abril de 2010

A PEDRA FLOTANTE (Gushan-China)


Pedra flotante (Gushan-China) 17/04/2010

O diario Orient Express (www.dnkb.com.cn) publicou no 2009 unhas fotos que deixaron aos seus lectores abraiados, e facéndose a pregunta de se aquilo podía ser certo ou non. Unha rocha, OVNI ou o que sexa flotando no aire. Gang Hao inadvertidamente tomou a foto, pero o que realmente estaba fotografando era a paisaxe próxima á súa casa na rexión Chinesa de Gushan, e non foi ata que revisou as fotos días máis tarde cando se decatou da estraña pedra flotante.

Gang Hao comentou ó xornal que as fotos foron feitas ás 15:34 horas do 19 de xullo de 2009, tomounas no val de Gushan, e non se deu conta do obxecto voador ata dous días máis tarde, cando descargou estas a o ordenador e procedeu a ordenalas.

A imaxe foi realizada cunha cámara Canon SX110, a foto non foi sometida a ningún post procesamiento nin manipulación dixital. Pódese fácilmente comprobar ao ver o ceo, unhas nubes, cúmulos para ser exactos, que coincide plenamente co tempo da rexión e que consta nos registros estacionales daqueles días. O obxecto está situado no noreste do cumio da montaña e por riba desta a uns 500 metros sobre o nivel do mar e debe de ter un tamaño de ao redor de 5 metros de diámetro.

Un fenómeno similar foi avistado no Parque Estatal de madeira en Indiana, nos Estados Unidos. Uns cazadores viran este fenómeno en ambas posicións, unha pedra que flotaba por riba das árbores.

Detalle ampliado da fotografía.
Hai distintas conxecturas ao redor desta imaxe, a máis estendida polos ufólogos é a de que se trata dun Ovni. Tamén hai a teoría de que se estivesen realizando voaduras de rochas de gran tamaño preto. Pero o problema de facer pedazos tan grandes de rochas é que Gang Hao e os seus compañeiros terían que sentir o ruído e terían que escoitar o ruído e o estruendo do poder da ráfaga da explosión.
A outra conxectura é que se trate da liberación dun globo Lanterna de Ming. Algúns expertos falan de que se podía tratar da imaxe dunha lanterna de Ming en ascenso, pero a pasta fíxose dunha forma de globo estraña (xa que normalmente non se fan con formas tan irregulares) e logo colocouse frotando no ceo.

Esta noticia a atopei no verán de 2009 cando xa estaba traballando no guión do cómic: Baixo a sombra das pedras flotantes. Neste caso a imaxe interesoume sobre todo pola casualidade e o inquietante de ver unha gran rocha suspendida no ceo. Ademais ao comprobar que a imaxe non fora manipulada e que os especialistas dicían que era auténtica e barallábanse algunhas hipóteses para poder explicalo, decidín gardala. Curiosamente debuxei unha imaxe moi similar a primeira vez que me puxen a deseñar as pedras flotantes do cómic.Aa anécdota da fotografía e as distintas versións as incluín nun dos capítulos finais do libro. Kiko da Silva.

1 comentario:

  1. Parabéns! Estaría bom engadir: "Tras inspeccionar a zona duns 200 mtrs cuadradoa a rocha nao foi topada por nemgures."

    ResponderEliminar