domingo, 25 de abril de 2010

EXTERNSTEINE (Bosque Teutónico - Alemaña)


EXTERNSTEINE (Alemaña) 25/04/2010

Externsteine é un complexo megalítico situado en Alemaña, no estado de Renania do Norte-Westfalia, no Bosque Teutónico, preto da cidade de Detmold. O sitio consta dalgunhas columnas de rocha, altas e estreitas, que se alzan dentro do bosque. Crese que a etimoloxía do nome está vinculada á próxima cadea montañosa chamada Eggegebirge (o nome significaría, pois, rochas do Egge). Desde o punto de vista xeolóxico, as rochas están constituídas de arenisca e son orixinarias do Cretácico (fai uns 120 millóns de anos).

"En 1935 un grupo de investigadores traballa afanosamente en busca de restos arqueolóxicos en Externsteine, un fermoso e singular paraxe no que destaca unha estraña formación rochosa de aspecto insólito. Os arqueólogos traballan baixo a atenta mirada de homes armados, en cuxos traxes militares destacan os emblemas das temidas SS. Non en balde, o organismo que supervisa os traballos conta entre os seus cargos directivos co antigo pastor evanxélico e prehistoriador amateur Wilhelm Teudt (afín ao partido nazi) e o poderoso líder das SS, Heinrich Himmler."

A singular paraxe de Externsteine está composto por unha curiosa formación natural de rochas areniscas que se elevan de forma espectacular na rexión dos bosques de Teutoburgo, a escasa distancia da localidade de Detmold, no noroeste de Alemaña. Por mor do seu particular aspecto, as rocas recibiron entre os estudiosos o cualificativo de "columnas". Así, a "columna 1" (a situada máis ao oeste), conta cunha cova que, en época medieval, foi utilizada por eremitas cristiáns. Ademais, nunha das paredes exteriores desta primeira formación rochosa destaca un dos elementos máis rechamantes e polémicos do lugar: un relevo no que se representa unha escena do descendemento de Xesús da cruz.

A "columna 2" coñécese tamén como Turmfelsen ou "rocha torre", e conta cun espazo non menos singular: unha especie de capiliña, cunha pequena columna e unha xanela circular no seu lado Este. Pola súa banda, a "columna 3" está unida á 2 mediante unha rudimentaria pasarela con máis dun século e medio de antigüidade, e á parte deste detalle non conta con nada digno de mención. A "columna 4" está separada do tres anteriores, e no espazo existente destaca un camiño que permite o paso alén da formación. No alto desta última columna sobresae unha gran pedra en equilibrio, que parece ameazar aos visitantes con caer dun momento a outro.
Negrita
Neste lugar sucede un dos capítulos de Baixo a Sombra das pedras flotantes con máis referencias a feitos reais da novela gráfica. Tiña claro desde que me puxen a escribir este guión que este lugar convertido nun mausoleo nazi por Himmler ía ser unha das claves da historia, xa que gardo desde hai uns anos infinidade de fotografías deste misterioso santuario alemán e sobre todo historias e artigos xornalísticos achega as investigacións que as SS realizaron durante anos no lugar. O texto entrecomillado deste post describe parte do comezo do capítulo 5 titulado : O campo de Exterminio. Kiko da Silva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario