lunes, 15 de marzo de 2010

OVNIS NAS PINTURAS RUPESTRES?



Pintura rupestre (Caverna franco-cantábrica) 15/03/2010
O erudito estudioso francés Aimeé Michel revela que un dos aspectos máis fascinantes do fenómeno ovni son os debuxos de pratos voantes atopados nas escuras cavernas franco-cantábricas efectuados polos homes primitivos entre os 30,000 e 10,000 anos AC. é dicir, na era Paleolítica ou Idade de Pedra. Ao longo deste período equivalente a 700 ou 800 xeracións humáns, unha raza de seres de quen non existe coñecemento directo, pintou, tallou, e esculpiu obras mestras que aínda hoxe son nomeadas entre o máis encumbrado da arte mundial.
A primeira vista, os temas de onde eles alimentaron a súa inspiración parecen ser simplemente da natureza. De feito sentímonos impresionados pola reprodución de bisontes, mamuts, cabalos, renos e outros animais. Nun total de 72 cavernas pintadas os estudiosos clasificaron , fotografado e até debuxado en total máis de 2.000 animais. Xunto aos debuxos de animais é posible apreciar outros achados: signos incomprensibles e pinturas que non atraen a atención ao principio: Nun primeiro momento os estudiosos da prehistoria mostraban certa neglixente indiferenza, hacia eles.
Durou ata que, coas observacións, comezaron a percibir unha particular uniformidade: o certo é que son signos idénticos aos achados en diferentes covas, a miúdo moi apartadas. E aínda nos diferentes signos pode verse certa tipoloxía, como seres que irradian luz desde as súas cabezas, círculos concéntricos, esferas e até debuxos con formas de naves como o das covas dos pirineos, un experto en ovnis sentirá fortemente inclinado a estar de acordo en que as figuras atopadas son semellantes a naves.

É fantástico que o home primitivo haxa podido imaxinar obxectos sobre catro patas equipadas con antenas e escaleiras de man, estes homes imaxinárono ou sufriron unha influencia directa duns seres estelares que os visitaron e quixeron gardar ese momento nas súas covas a través deses estraños debuxos rupestres que nos seguen sorprendendo hoxe en día.
Recoñezo que sempre me gustaron as historias de extraterrestres, non porque crea nelas, si non porque admiro a idea que a ciencia ficción xerou sobre a inquietante pregunta de si estamos sós ou non no universo. É como sentirse inmerso na creación dun mito Grego, ou de calquera relixión. Xa que a base do fenómeno Ovni está en crer que algo superior nos observa e vixíanos, como reacción ante acontecementos sorprendentes e inexplicables. Como estou a facer un álbum no que crer ou non é fundamental na historia, pensei que sería interesante que aparecese o fenómeno Ovni tamén no guión. Kiko Da Silva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario