viernes, 5 de marzo de 2010

OS OVOS DE PEDRA (Hunan-China)


"Ovos" de Pedra (Rexión de Hunan- China) 5/03/2010

Un gran número de "ovos" de pedra foron descubertos recentemente nunha construción en Bandung Hill e en Zhanlong Hill, no pobo de Gongxi, provincia de Hunan. Os achados foron realizados por traballadores da construción mentres emprazaban a base para unha estrada.

A orixe destes "ovos" de pedra descoñécese até o momento. Os traballadores da construción dixeron que Bandeng Hill é simplemente unha montaña de "ovos" de pedra. Eles atoparon moitos "niños" destes raros ovos de pedra durante todo o transcurso da escavación para a base da estrada. Os ovos teñen forma de óvalo, cunha variedade de tamaños. Algunhas persoas chámanos os ovos volcán. Aínda que curiosamente, durante un longo período de evolución xeolóxica, non houbo erupciones volcánicas ou depósitos volcánicos na zona.

Logo de desenterrar os ovos, algúns aldeáns leváronos ás súas casas coma se fosen tesouros, e algúns mesmo os levaron para vendelos a pobos veciños.
A descrición de pedras como ovos, como algo que contén vida, atopeima varias veces durante estos tres anos nos que estiven recompilando documentación. Hai bastantes lendas ao redor de homes que crecen no interior das pedras, pero foi esta noticia a que me dió a idea da pedra ovo para a miña historia. Isto reforzouno as fotografías dos Moeraki rotos no mar de Nova Zelanda, e daba veracidade a que as esferas de pedra estaban ocas. Ademais o relato de como reaccionou a xente do pobo de China, serviume para relatar na primeira historia da novela gráfica a tensión do os habitantes ante a aparición das esferas de pedra. Kiko da Silva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario