martes, 6 de marzo de 2012

O MURO DO DIAÑO (MACEDONIA)




Bogoslovec (Macedonia) 5/3/2012.


Documental sobre o MURO de Macedonia. O profesor da Facultade de Xeología de Skoype, Nikola Dumurxhanov explica que, como a maIor parte da rexión dos Balcáns, este territorio de Macedonia estaba sumerxido baixo o mar hace entre 35 e 40 millóns de anos.

"No mar depositábanse diversos sedimentos. A través dos séculos, da evolución xeolóxica, o seu fondo obtiña formas novas. As rochas carbónicas, como a Muralla do Diaño, foron as máis resisitentes e permaneceron de forma vertical", defende Dumurxhanov.

Hai lugares aos que non puiden viaxar para documentarme, pero si que conseguín documentales o suficientemente bos para poder facerme unha idea de como era o lugar que ía a debuxar. Este documental dunha televisión local de Macedonia foi i detonante para crear o guión da BD, de aquí nace a idea de meter na historia un inmenso e misterioso muro de pedra. Kiko Da Silva 2012.

No hay comentarios:

Publicar un comentario