domingo, 12 de septiembre de 2010

PEDRAS CON FORMA DE OVNI (China)


Pedras con forma de ovni (Jiangxi - China) 12/09/2010

O 27 de maio de 2007, varias ducias de pedras minerais con formas de "ovni" foron atopadas no condado de Shangrao, provincia de Jiangxi, China continental. Expertos indican que as pedras minerais formáronse fai preto de 300 millóns de anos atrás.
As pedras foron atopadas dentro dunha chea de pedras minerais. Hai varias minas de cobre nas proximidades desa chea de pedras. Algunhas desas pedras "ovni" teñen un diámetro próximo aos 1,5 metros e cun espesor de entre 20 centímetros a 60 centímetros. Pesan entre 800 quilos e 1 tonelada. Un enxeñeiro da Oficina de Carbón de Shangrao cre que a idade das pedras minerais con formas de "ovni", é próxima a 300 millóns de anos, da última época da era Paleozoica Carbonífera e a temperá Permiana.As pedras con forma de ovni no Tres Gargantas, están coidadosamente aliñadas. As pedras "ovni" non só apareceron en Jiangxi, senón tamén foron atopadas preto do proxecto da Represa Shuibuya da reserva de auga Tres Gargantas en Sichuan. Esas pedras "ovni" pesan preto de 20 quilos cada unha.




Os habitantes da zona, quen construían unha autoestrada, atoparon estas pedras ovni. Xiang Zhiyu, un residente do Pobo Qizu quen traballou nunha sección da autoestrada, atopou estas estrañas pedras cando estaban a explotar as rocas preto da área da Gran Cova Baía. As pedras ovni están aliñadas horizontalmente con 49 centímetros de distancia entre unha e outra e están distribuídas uniformemente. Informouse que estas pedras teñen unha textura particularmente dura. Obviamente, son diferentes das pedras das montañas nesa área.


Cando traballaba no guión de Baixo a sombra das pedras flotantes, tiña claro que unha das teorías sobre eses estraños obxectos pétreos volantes debería tocar o temática ovni. Iso permitiríame falar desde un punto de vista diferente sobre estas pedras flotantes e xogar co lector sobre a realidade e a ficción.
Kiko da Silva 2010.

No hay comentarios:

Publicar un comentario