sábado, 6 de noviembre de 2010

A CIDADE ENCANTADA (Cuenca - España)

A cidade encantada (Cuenca-España)


Hai veces que ao estar a traballar nun proxecto descobres lugares próximos que non coñecías e que che sorprenden, a Cidade Encantada de Cuenca foi un deles. Descubrina buscando documentación. Fun visitala hai un ano aproveitando unha viaxe de traballo, e a experiencia foi tan impresionante que non puiden evitar introducir algunhas das súas paisaxes no cómic. É un lugar moi cinematográfico, como anécdota contarvos que varias escenas de Conan o Bárbaro foron rodadas alí. Déixovos o linck por se quereis ver a escena. Picar AQUÍ. Kiko da Silva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario