viernes, 16 de julio de 2010

PEDRAS EN EQUILIBRIO (San Francisco)


Pedras en equlibrio. San Francisco 16/07/2010

Algunhas persoas teñen un don. E comparten ese don con todo o mundo, facendo obras de arte alá por onde pasan. O seu don, apilar pedras en equilibrio, formando estas estruturas pétreas estrañas á beira do mar.


Unha desas persoas con este don tan especial é Bill Dan que normalmente opera pola baía de San Francisco, deixando atónitos aos que visitan esas praias.



Coñezo varios artistas obsesionados co equilibrio das pedras, coma se buscasen unha orde natural das cousas. Estas fotos e estes vídeos déronme a idea para que os nenos protagonistas xogasen a pór en equlibrio as pedras que rodean o Gran Muro, creando un lugar máxico pero á súa vez fráxil. Kiko da silva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario