viernes, 26 de marzo de 2010

CASTEL MEUR (Bretaña Francesa)


Castel Meur (Bretaña Francesa) 26/03/2010

Castel Meur é unha pequena casa de pedra construída e ensamblada entre dous enormes bloques de granito. Esta casa dá as costas ao mar desde 1861, ano da súa construción, para protexerse dos ventos violentos que sopran durante as tormentas, frecuentes neste sitio.

Será unha residencia secundaria durante varias décadas, parecendo mesmo ás veces abandonada porque só era aberta unha vez cada dous ou tres anos desde o final do século XX. A ocupante actual, en efecto, neta do primeiro dono do lugar abandonou a casa onde nacera, para ir facer fortuna en América. Despois volveu instalarse alí no ano 2004.

Un amigo escritor informoume sobre a existencia desta curiosa casa na Bretraña francesa, gardeina no meu arquivo porque me parecía interesante para deseñar o hotel en que se aloxa o xornalista protagonista do capítulo 3 da miña novela gráfica. É incrible como estamos rodeados de lugares fascinantes e que non parecen reais. De feito moita xente cre que estas fotos, estas pedras non existen, que mas inventei eu ou que son fotomontaxes. Asegúrovos e convídovos a que busquedes por Internet información de cada un destes lugares, descubriredes que efectivamente todo isto existe. Kiko da Silva.

3 comentarios:

  1. Que pasada, en que zona de Bretaña está?

    ResponderEliminar
  2. Está na vila de Plougrescant
    http://es.wikipedia.org/wiki/Plougrescant
    Saúdos Kiko da Silva.

    ResponderEliminar
  3. Vaia oh, eu estiven xusto na outra costa, estas cousas había que sabelas antes :D Grazas. Saúdos!

    ResponderEliminar