domingo, 21 de febrero de 2010

AS PEDRAS PARIDEIRAS (Portugal)


Pedras Parideiras (A Freita, Portugal) 21/02/2010

As Pedras Parideiras son un fenómeno xeolóxico raro, un tipo de pedras que brotan dunha rocha-nai, un bloque nodular de orixe granítica con 1000 x 600 m, de aí que se chamen Parideiras.
Os nódulos de 1 a 12 cm de diámetro con formas discóides e biconvexas son compostos polos mesmos elementos mineralóxica do granito, a capa externa é composta por biotite e a interna posúe un núcleo de quartzo e feldspato potássico. Estes nódulos ao se desincrustarse dos núcleos da rocha-nai por termoclastia deixan unha capa externa en baixo relevo nos núcleos da rocha-nai e se esparcen á volta desta.

As Pedras Parideiras simbolizan a fertilidade na tradición ancestral da rexión Portuguesa, esta tradición está aínda presente nas poboacións locais. Crese que durmir cunha pedra parideira baixo a almofada aumenta a fertilidade da muller.
As Pedras Parideiras están situadas na Serra da Freita en Portugal e tamén se atoparon algunhas en Rusia, preto de San Petersburgo. Son un fenómeno extremadamente raro no Planeta Terra; Este ese o motivo polo que se pide aos visitantes do lugar que non recollan pedras para uso persoal.

Cando xa tiña escrito o capítulo no que hai unhas estrañas pedras parturientas, atopo un artigo nunha revista portuguesa na que falan dunhas pedras que "paren" outras pedras na Serra da Freita ao Norte de Portugal. Esta casualidade alegroume moito, xa que tiña medo de que esta primeira historia queda demasiado irreal no álbum. O achado serviume para darlle verosimilitude aos feitos da miña historia. Kiko da Silva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario