domingo, 31 de enero de 2010

O BOSQUE DE PEDRA (Rusia)


Bosque de Pedra (Rusia) 31/01/2010

No Extremo Oriente de Rusia situado a tan só 300 Km do círculo polar ártico, a Siberia máis dura e fría esconde nunha paraxe remota unha formación rochosa de abafadora beleza que o río Lena foi esculpindo ao longo de milleiros de anos até conformar unha paisaxe única que deixa abraiados aos ousados visitantes que se atreven a achegarse: Os Pilares de Lena. Este bosque de pedra, composto por Columnas de Rocha Calcaria que alcanzan os 150 metros de altura, esténdese 80 Quilómetros aos pés do río Lena situado na remota rexión siberiana de Yakutsk e pasear por este espectáculo único da natureza está reservado para uns poucos. Trátase dunha paisaxe Kárstico, erosionado por miles de anos, e cunha riqueza xeolóxica que garda evidencia de formas de vida desaparecidas. No lugar do bosque de pedra de Lena atopáronse fósiles de mamut, e outros eslabons perdidos desde tempos do Cámbrico. Pero ademais perduran infinidade de formas de vida con 464 especies catalogadas de plantas e fauna abundante.
Os pilares agrúpanse e esténdense por decenas de quilómetros, ao longo das beiras do río e para chegar até eles, desde Moscova, necesítanse nada menos que catro días de viaxe. Tamén é considerada como unha das localidades máis frías do mundo. Non é estraño se temos en conta que durante o inverno rexistra unhas temperaturas medias de -40 ºC. Nos meses estivais, cando as súas augas non están xeadas, o traxecto pódese realizar en barca. O resto do ano, en trineos tirados por cans.

Necesitaba imaxes dun bosque estraño no que as pedras fosen máis protagonistas que as árbores. Coñecía lugares cheos de pedras con formas misteriosas en China, e mentres buscaba información destas afastadas paraxes, atopeime con información deste lugar en Rusia. Era xusto o lugar que buscaba, e por iso decidín cambiar a localización da acción e introducir Os Pilares de Lena na historia de Baixo a sombra das pedras flotantes. Kiko da Silva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario