domingo, 17 de enero de 2010

MOERAKI (Nova Zelanda)


MOERAKI Shouth Island (Nova Zelanda) 17/01/2010
Na terra dos terremotos, xusto no cinto de lume que circunda ao Océano Pacífico, ao norte de Dunedin en Nova Zelanda, tamén se atoparon grandes cantidades de esferas de pedra. Os aldeáns chámanas Moeraki, en alusión á praia de nome homónimo onde se atopan estas enormes pedras esféricas ocas. Ninguén sabe de onde saíron. Os científicos afirman que son obra da natureza e que as pedras esféricas deste lugar están compostas por restos de calcio cristalizado dun sedimento mineral de preto de 60 millóns anos. Coa erosión das ondas alcanzando a costa e o vento azoutando os muros das paredes verticais de KoeKohe, as esferas foron unha a unha descubertas e liberadas do seu apresamento baixo terra. É así­ como os maoríes descubríronas e recitaron lendas sobre elas, máis tarde en 1848 W.B.D. Mantell esbozou as pedras no seu caderno de viaxes asombrado por tal rareza natural.

Segundo as tradicións orais da illa, os Moeraki son pedras sacras. Hoxe constitúen un importante atractivo turístico da Illa e están protexidas dentro do dominio dunha reserva natural. Os habitantes de South Island afirman que algunhas destas esferas pétreas chegan a alcanzar até os 4 metros de diámetro. As rochas teñen algún tipo de poder magnético, do mesmo xeito que a pedra esférica que se atopa na Illa de Pascua. Segundo os pascuenses a esa gran pedra esférica considerárona como o Che henua (o embigo do mundo). Si sobre calquera destas pedras situamos unha brúxula, esta comeza a dar voltas sen parar.
Atopei fotos desta praia nunha guía turística de Nova Zelanda, enseguida busquei máis referencias pola rede para coñecer mellor a súa natureza e atopei unha imaxe que me deu a clave para o comezo do cómic. A imaxe que acompaña este texto, coa pedra saíndo... nacendo da terra, como un parto da natureza. Kiko da Silva.

1 comentario:

  1. Parabéns por esta nova verxión do caderno e grazas polo correo. Saúdos

    ResponderEliminar